Páxinas

Buscar neste blog

sábado, 5 de abril de 2014

GRAN NOVIDADE NO COLE

O VENRES 28 DE MARZO: CONCERTO DE JAZZ E SEMENTEIRO DE ESPONXAS VEXETAIS E CABACIÑOS. DÚAS NOVIDADES NO CENTRO!!!!!!!!!

Pola mañá, preparamos o espazo no 1º andar para acoller ao grupo de Jazz, MARTÍNEZ ANTELO TRIO, que nos ofreceu un concerto. Foi un pracer poder gozar da música en directo e das explicacións que nos ía dando Xacobe, o papá de Teo e Braulio. Grazas polo voso esforzo, o cariño e a ilusión que puxestes.




Aí vai un video para lembrar como soaba. Magnífico!!!



E  despois do recreo, aínda tivemos un tempo para facer o sementeiro coas sementes de esponxa e cabaciño que nos agasallou Luísa, a nosa guía virtual no horto escolar. Aí van as fotos das sementes e das esponxas, xa listas para seren usadas. Cando nazan, xa vos iremos informando.


1 comentario:

  1. O venres foi todo moi chulo.P ena que eu non puidera polo dor que tiña na perna dereita pero seguro que o pasaron moi ben no horto

    ANDREA;)

    ResponderEliminar