Páxinas

Buscar neste blog

martes, 2 de setembro de 2014

Á FIN CHEGOU SETEMBRO!

UNHA OLLADA AO HORTO 
DESPOIS DO VERÁN

O verán deixou a súa pegada no noso horto

Comezou setembro e chegou a hora de incorporarse ao cole. Hoxe visitei o horto e dá un pouco de pena velo así que vide con forza pois precisa dunha boa reparación. Con tanta chuvia, as herbas medraron un montón! Con todo quedaron as flores, que aínda locen fermosas, os amorodos, as fabas, as cenorias... e tamén as esponxas que xa botaron algunha flor e xa hai tamén algún froito, aínda pequeno, iso si. A ver se conseguimos algunha este ano!!!
Aí vos deixo unha mostra dos froitos que temos aínda.
Os amorodos están riquísimos. (A que si, Oli?)
Estas son as flores das esponxas. Se vos fixades ben, veredes o froito en proceso de crecemento.
Cenorias e cebolas.
Os xirasoles van estupendos.

4 comentarios:

  1. Teño ganas de ir ao cole para ber o horto e os meus compañeiros.
    E tamen para conocer a nova nena.
    Alina

    ResponderEliminar
  2. Maria Luisa Vázquez Souto14 de setembro de 2014, 00:49

    Canto me alegro, que os nenos teñan algo que ver no horto, o verán é longo e abandonar o horto tanto tempo, e este ano con tanta choiva, non é de estrañar, que o máis que se aprecie sea a herba. Conservar o que poidades, e podedes aproveitar para recoller as sementes das flores, cando sequen! Coidade as esponxas, pois ata novembro ou decembro non estarán para recoller, este ano están moi pequenas. Moito animo! E bo comezo de curso! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Hola chicos estou no hospital o estou pasando moi ben.

    ResponderEliminar