Páxinas

Buscar neste blog

venres, 19 de decembro de 2014

HORTO ESCOLAR



VOLVEMOS AO HORTO

A semana pasada, o alumnado de 5º e 6º estivemos no horto para medir e redistribuír o espazo.

Este ano pretendemos observar a influencia do abono no crecemento das plantas. Por iso, separamos dúas zonas exactamente  iguais, dividas en catro tallóns cada unha. Nunha poñeremos abono e terra fértil, mentres que a outra, deixarémola só co aporte orgánico da folla recollida no patio.

Cada quince días, despois de plantar, observaremos o que pasa e faremos anotacións.

Manterémosvos informados e informadas.
Aí van unhas imaxes do traballo realizado deica agora. 










Aula Barouta

1 comentario:

  1. Maria Luisa Vázquez Souto11 de xaneiro de 2015, 17:59

    De novo o horto en marcha! Felicidades a tod@s pola ilusión que poñedes. Desexo que este ano desfrutedes e aprendades moito, xa sodes un pouco máis espertos que o primeiro ano, aínda que a veces non sirve de moito a experiencia si a climatoloxía non ven axeitada. Seguirei o voso traballo, con moita ilusión! Vos sodes o futuro, aprender a amar a terra, a traballala e a coidala! Deste xeito non pasaredes fame! Sempre estarei, para axudarvos no que poida e saiba. Non esquecervos de consultar o blogue, cando teñades dúbidas.
    Desexo teñades un ano cheo de boas novas!
    Un saúdo e moitos bicos!

    ResponderEliminar