Páxinas

Buscar neste blog

martes, 11 de xuño de 2013

UNHA VIAXE POLA COSTA

EXCURSIÓN Á AGUIEIRA E AOS CASTROS DE BAROÑA

 

Praia de Aguieira     

Se queres máis información clica neste enlaces.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Baro%C3%B1a

http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_da_praia_de_Aguieira

 

O venres, 7 de xuño, fomos de excursión coa aula de 4º á ría de Noia.

Saímos do colexio en autobús ata Noia, onde fixemos a primeira parada na praia da Aguieira. Patricia, a nosa guía, propúxonos un percorrido pola beiramar para recoller unha mostra de cunchas e outros obxectos que deixa o mar na area. Atopamos cunchas de navallas, ameixas, mexilóns, ostras ... e tamén unha estrela de mar, aínda que logo perdémola cando a iamos mollar. Aproveitamos para xogar na area, facer covos, dar pinchacarneiros...  De regreso, viñemos pola parte alta da praia, preto da duna, para recoller outro tipo de cousas máis lixeiras. 

Metemos todo nunhas bolsiñas que nos repartiu Patricia e subimos para o autobús. Menos mal porque ameazaba chuvia!!

 

Ao chegar a Baroña, merendamos ao pé do autobús e logo baixamos polo camiño cara ao castro. Primeiro mirámolo de lonxe pero logo non puidemos resistir sen achegarnos ata alí para ver os restos das construcións dos nosos antepasados.

Que fermoso ver esas casas redondas, esas rochas enriba do mar, esa altura..! 

Sacamos fotos e regresamos correndo pois tiñamos que chegar a Barouta antes de que sairan os outros nenos e nenas da escola.

Chegamos xustiño! Foi unha excursión estupenda e queremos repetir!

 

Outras poucas fotos...











7 comentarios:

  1. As cunchas, impresionantes e o castro tamen

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. profe molou moito pero tamen cansou son carla c. :( esto porque durou moito :) e esto porque molou moito chao

      Eliminar
    2. Esta excursión foi moi divertida, e aprendemos moitas cousas
      Esta saida foi unha das que máis me gustou :) ;P

      Eliminar
  2. A excursion a praia da Aguieira e a dos Castros de Baroña foi incrible.Paseino xenial.

    ANDREA :P

    ResponderEliminar
  3. Teo Martínez De Lorenzo17 de xuño de 2013, 16:46

    A praia da Aguieira e os Castros de Baroña son do melloriño que hai. Incríble excursión!!!!!!!!!!!!!!
    :D :) ;p
    P.E. Non podo aguantar sen facer estas caras........

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Concordo convosco que foi unha bonita excursión. Mais... non vos gustan todas?????????
      Canto me alegra que sigades vindo aquí aínda que non teñamos novas publicacións!!! Mañá tocará facer algo, nonsi?
      Mirade, que non sei se vistes que puxen algún enlace máis... Son para que repasedes un pouco e mesmo probedes se sabedes resolver... sempre é un reto, non? Van xogos de lingua, desta volta.
      Unha apreta e ata mañá!
      Tere

      Eliminar
  4. A estrela de mar que encontramos na PRAIA da AGUIEIRA era moi bonita
    Bicoooooooooooooooooooooooooooooooooooos

    ResponderEliminar