Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 20 de xuño de 2013

DESPEDIMOS OS PITOS EN PEDROUZOS

PASEO A RIAMONTE PARA VER OS MUÍÑOS

Hoxe foi un día atarefado para nós porque... recollemos a aula, logo celebramnos dous aniversarios e, finalmente, metemos os pitos en caixas para levarllos a Tino e a Nieves, os seus coidadores a partir de agora.
Quedaron ben contentos con eles e prometéronnos os ovos para facer un biscoito ou unha tortilla cando volvamos en setembro...........UMMMMMMMMMMMM! Ten boa traza!

E logo, xa que estabamos alí, seguimos a excursión ata os muíños de Riamonte. Que ben! Andando por camiños, subir ao monte, pasar por unha pontella sobre o río, entrar nos muíños para sentir a escuridade e ver o que aínda conservan ... Algúns están derrubados pero hai 2 que reconstruidos.

Connosco viña Xesús, un profe do cole, e contounos unha nova que non coñeciamos. Neste bosque abunda un tipo de fento que ten xeito de coroa, é o "fento real" e  resulta que está declarado en perigo de extinción.

Molou moito a camiñada mais cando baixabamos comezou a chover... E mollámonos un pouco. BRRRRRRRRRRRR!
 Aula Barouta

A despedida dos 5 pitos, na aula.

Andaina cara a Pedrouzos. Que alegría e que mágoa!

Nieves admira a nosa familia!

Despedida definitiva. Agora seguimos paseo.

Subindo a Riamonte.

Que haberá!!!!!!!! É o oco do pau do rodicio.

Fento real, en perigo de extinción.

Mágoa de sol para darnos un baño!!!!!!

Chegamos. Ata outra!


5 comentarios:

  1. Esta excursion molou. Pobres pitos botarannos de menos?
    Deronnos un bo baño,eso si coa auga da choiva.
    Elena S.

    ResponderEliminar
  2. Teo Martínez De Lorenzo08:04 do 21 de xuño de 2013

    Espero que os pitos non nos boten de menos :(
    A excursión foi incríble, pero non viu Tomás

    ResponderEliminar
  3. Esta excursión foi super chula, encantoume :) ;P :O

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E a min tamén, Ana, e a min tamén.

      Eliminar
  4. A min tamen me ecantoume a excursion a os muiños. E aquelas cascadas que caian nas charcas, que mal que chovera porque e senon bañabame ERA UN PARAISO!
    Haber se volvemos a facer outra esxcusion coma esta.

    Unha aperta, adeus!

    CARLA.R

    ResponderEliminar