DESPEDIMOS OS PITOS EN PEDROUZOS
PASEO A RIAMONTE PARA VER OS MUÍÑOS
Hoxe foi un día atarefado para nós porque... recollemos a aula, logo celebramnos dous aniversarios e, finalmente, metemos os pitos en caixas para levarllos a Tino e a Nieves, os seus coidadores a partir de agora.
Quedaron ben contentos con eles e prometéronnos os ovos para facer un biscoito ou unha tortilla cando volvamos en setembro...........UMMMMMMMMMMMM! Ten boa traza!
E logo, xa que estabamos alí, seguimos a excursión ata os muíños de Riamonte. Que ben! Andando por camiños, subir ao monte, pasar por unha pontella sobre o río, entrar nos muíños para sentir a escuridade e ver o que aínda conservan ... Algúns están derrubados pero hai 2 que reconstruidos.
Connosco viña Xesús, un profe do cole, e contounos unha nova que non coñeciamos. Neste bosque abunda un tipo de fento que ten xeito de coroa, é o "fento real" e resulta que está declarado en perigo de extinción.
Molou moito a camiñada mais cando baixabamos comezou a chover... E mollámonos un pouco. BRRRRRRRRRRRR!
Aula Barouta
|
A despedida dos 5 pitos, na aula. |
|
Andaina cara a Pedrouzos. Que alegría e que mágoa! |
|
Nieves admira a nosa familia! |
|
Despedida definitiva. Agora seguimos paseo. |
|
Subindo a Riamonte. |
|
Que haberá!!!!!!!! É o oco do pau do rodicio. |
|
Fento real, en perigo de extinción. |
|
Mágoa de sol para darnos un baño!!!!!! |
|
Chegamos. Ata outra! |
Esta excursion molou. Pobres pitos botarannos de menos?
ResponderEliminarDeronnos un bo baño,eso si coa auga da choiva.
Elena S.
Espero que os pitos non nos boten de menos :(
ResponderEliminarA excursión foi incríble, pero non viu Tomás
Esta excursión foi super chula, encantoume :) ;P :O
ResponderEliminarE a min tamén, Ana, e a min tamén.
EliminarA min tamen me ecantoume a excursion a os muiños. E aquelas cascadas que caian nas charcas, que mal que chovera porque e senon bañabame ERA UN PARAISO!
ResponderEliminarHaber se volvemos a facer outra esxcusion coma esta.
Unha aperta, adeus!
CARLA.R