Páxinas

Buscar neste blog

sábado, 13 de xullo de 2013

UN CONTO



Este conto escribiuno Teo para unha tarefa de clase, logo mellorouno e aí vai o resultado. Gustounos moito cando nolo leu  na clase e pensamos que sería xenial publicalo no noso blog. Como non deu tempo a facelo daquela, vai agora para que gocemos no verán coa súa lectura. Ánimo e a seguir practicando.





O     AVIÓN   DO   ECLIPSE

          Aquí estou eu, Ramiro Maio, o policía sensacional nun misterio eu só buscando probas de vida. Bueno, empecemos desde o principio: onte, estaba reunindo fotos do misterio pasado cando chamaron á porta. Era un señor que quería avisarme de sucesos estraños en Lugo, na Serra do Courel:

-  Desde o accidente do avión que se estrelou alá -díxome el-, desapareceunos comida e parte da nosa reserva privada de auga.

-  Qué avión se estrelou? -pregunteille eu-  e que non leo moito o xornal, polo traballo.

-  Non é culpa súa, o periódico de alá non se emite aquí, na Coruña -contestoume. Pois foi o avión eclipsado, no que Xerardo Prados, o piloto máis famoso de Lugo, levou a unha sección primaria de Pontevedra ata ao Courel. Xa case chegando, apareceu o eclipse e Xerardo non puido facer ren...... Pero, alguén quedou vivo. Desgraciadamente, non se sabe quen. Esa persoa necesita seguir vivindo, pero a costa de nós.

-  Como un parásito ...-opinei

-  Hai que descubrir quen é, e capturalo. E eu véñoche pedir axuda.

-  Vou de inmediato - asegureille.



Diríxome á famosa super coñecida Serra do Courel. Onde o xeneral Amador me di que mañá empezo a misión en solitario. Durmín angustiado.

Martes dezaoito, empezo co obxectivo. Déronme a dirección dunha casa de aldea, na que Marisa Fernández, falarame sobre o seu primo, Patricio, que foi unha vítima. Nerviosa por estar diante dun policía, contestoume:

-  Popopois, síntoo, Papatricio, haino qqqqquee cocontatar. Nononon qquería dididicir iiisto......

-  O que?-pregunteille.

-  Qqqque Papatritricio proprobocou o accicidente.

-  Como?!

-  Cocomo oe. Fifixo pra qqque só se eeemitira un canal mememeteorolóxico

-  Como o fixo?-pregunteille

-  Non sei.....- contestoume- pepepero sabía qqque hahabebería un eclippppse. Eeeeee sesecuestrou  ao memeteorólogo. Fififixose pasar pppor eeeel e dididixo que ffffaría bo tetempo e non mencionou nada sobre o eeeeeecllllipse.

-  Pero, con que motivo???!!!

-  Eeeesssstaría tototolo.

-  Non creo. Teño que averiguar iso. Adeus e grazas.

-  A ti -despediuse.

Dirixinme ao avión, a base central do misterio, onde ocorreu a desgraza natural e un pouco artificial. Nunca vira tal cousa: era inmenso e parecía que estaba feito de pedras. Non daba crido que tiña que entrar aí dentro...

Pensei que na sección de primeira clase habería moitos cadáveres e encontraría ao culpable, pero non foi así. Entón fun á cabina onde finou Xerardo Prados. E alí o vin, coas mans no freo de man, morto, naturalmente.

Un momento, oídes iso? É como un murmurio......

-  Quen anda aí?! -atrevinme a dicir, despois duns momentos de silencio. Non respondeu ninguén. Dun recuncho saíu unha silueta e mirei para atrás, pensando que sería unha sombra. Tiña razón. Cando asomou o rostro vin unha cara morena cuns ollos azuis, unha boca con tres filas de dentes e un nariz operado. Vestía unha camisa negra que estaba rachada máis  un pantalón vaqueiro. Levaba zocos.

-  Quen  é vostede? Eu son Maio, Ramiro Maio. -díxenlle. O señor acercouse a min.

-  Que fai vostede aquí? Márchese, este é o meu territorio -respondeu  esa intrigante persoa, de forma groseira.

-  Patricio........-murmurei- Patricio!!!!!! Ti estabas.... morto!!!!

-  Conseguín sobrevivir porque trouxen comigo un paracaídas.





Só puiden pelexar, o que se me dá mellor. Foi incrible a loita: eu dáballe e el dábame, e outra vez, e outra.


Tras unha loita de película, gañei eu. Patricio, en cambio, foi ao cárcere polo que roubou e por traizoar a esa xente.



   








         FIN 

                            Teo Martínez De Lorenzo

                                                          4º


                                  


7 comentarios:

  1. Gracias, Tere. Levo todos os días mirando ao blog por se estaba publicado.......

    Un Bico e bo conto 0 0
    L
    ''''''''''
    o

    ResponderEliminar
  2. Quen seran eses dosus actores tan guapos da foto??????


    MOY GRACIOSOS!!! Teo e Braulio :)


    Carla.R

    ResponderEliminar
  3. ola, son unha colega da vosa profe. Teo é incrible o ben que escribes, como mantes o ritmo da historia, e eu, que son unha lectora compulsiva, invitoche a que continues escribindo historias. Non teñas presa en rematalas, deixa voar esa incrible maxín que tes e ese xeito de encadear os sucesos. Noraboa.
    Bicos
    Lourdes C.

    ResponderEliminar
  4. eso mereceu un gran aplauso
    ruben

    ResponderEliminar
  5. Aquí escritor!!!!!!!!!!
    Douvos moitísimas grazas polos piropos. Estaba nervioso pola vosa opinión e agora sei que vos encantou.
    Como dixo Lourdes, a amiga da profe, non pararei de estar no ordenador escribindo contos e lendo diario.
    Se queredes, teño unha libreta con ideas para escribir e podo explicar algo sobre elas. Espero unha resposta se lle interesa a alguén.
    unha apreta de letras.
    Teo

    ResponderEliminar
  6. Con tan só 8 anos e xa escribes así. É un orgullo, Teo, continúa, e fannos un gradioso faovr a todos :)

    ResponderEliminar
  7. Teo eres un escritor excelente Alex

    ResponderEliminar