UN CONTO
Este conto escribiuno Teo para unha tarefa de clase, logo mellorouno e aí vai o resultado. Gustounos moito cando nolo leu na clase e pensamos que sería xenial publicalo no noso blog. Como non deu tempo a facelo daquela, vai agora para que gocemos no verán coa súa lectura. Ánimo e a seguir practicando.
O AVIÓN
DO ECLIPSE
Aquí estou eu, Ramiro Maio, o policía
sensacional nun misterio eu só buscando probas de vida. Bueno, empecemos desde
o principio: onte, estaba reunindo fotos do misterio pasado cando chamaron á
porta. Era un señor que quería avisarme de sucesos estraños en Lugo, na Serra
do Courel:
- Desde o accidente do avión que se estrelou alá -díxome el-, desapareceunos
comida e parte da nosa reserva privada de auga.
- Qué avión se estrelou? -pregunteille eu- e que non leo moito o xornal, polo traballo.
- Non é culpa súa, o periódico de alá non se emite aquí, na Coruña -contestoume.
Pois foi o avión eclipsado, no que Xerardo Prados, o piloto máis famoso de
Lugo, levou a unha sección primaria de Pontevedra ata ao Courel. Xa case
chegando, apareceu o eclipse e Xerardo non puido facer ren...... Pero, alguén
quedou vivo. Desgraciadamente, non se sabe quen. Esa persoa necesita seguir
vivindo, pero a costa de nós.
- Como un parásito ...-opinei
- Hai que descubrir quen é, e capturalo. E eu véñoche pedir axuda.
- Vou de inmediato - asegureille.
Diríxome á famosa super coñecida Serra do Courel. Onde o xeneral Amador me
di que mañá empezo a misión en solitario. Durmín angustiado.
Martes dezaoito, empezo co obxectivo. Déronme a dirección dunha casa de
aldea, na que Marisa Fernández, falarame sobre o seu primo, Patricio, que foi
unha vítima. Nerviosa por estar diante dun policía, contestoume:
- Popopois, síntoo, Papatricio, haino qqqqquee cocontatar. Nononon qquería
dididicir iiisto......
- O que?-pregunteille.
- Qqqque Papatritricio proprobocou o accicidente.
- Como?!
- Cocomo oe. Fifixo pra qqque só se eeemitira un canal mememeteorolóxico
- Como o fixo?-pregunteille
- Non sei.....- contestoume- pepepero sabía qqque hahabebería un eclippppse.
Eeeeee sesecuestrou ao memeteorólogo.
Fififixose pasar pppor eeeel e dididixo que ffffaría bo tetempo e non mencionou
nada sobre o eeeeeecllllipse.
- Pero, con que motivo???!!!
- Eeeesssstaría tototolo.
- Non creo. Teño que averiguar iso. Adeus e grazas.
- A ti -despediuse.
Dirixinme ao avión, a base central do misterio, onde ocorreu a desgraza
natural e un pouco artificial. Nunca vira tal cousa: era inmenso e parecía que
estaba feito de pedras. Non daba crido que tiña que entrar aí dentro...
Pensei que na sección de primeira clase habería moitos cadáveres e
encontraría ao culpable, pero non foi así. Entón fun á cabina onde finou
Xerardo Prados. E alí o vin, coas mans no freo de man, morto, naturalmente.
Un momento, oídes iso? É como un murmurio......
- Quen anda aí?! -atrevinme a dicir, despois duns momentos de silencio. Non
respondeu ninguén. Dun recuncho saíu unha silueta e mirei para atrás, pensando
que sería unha sombra. Tiña razón. Cando asomou o rostro vin unha cara morena
cuns ollos azuis, unha boca con tres filas de dentes e un nariz operado.
Vestía unha camisa negra que estaba rachada máis un pantalón vaqueiro. Levaba zocos.
- Quen é vostede? Eu son Maio, Ramiro
Maio. -díxenlle. O señor acercouse a min.
- Que fai vostede aquí? Márchese, este é o meu territorio -respondeu esa intrigante persoa, de forma groseira.
- Patricio........-murmurei- Patricio!!!!!! Ti estabas.... morto!!!!
- Conseguín sobrevivir porque trouxen comigo un paracaídas.
Só puiden pelexar, o que se me dá mellor. Foi incrible a loita: eu dáballe e
el dábame, e outra vez, e outra.
Tras unha loita de película, gañei eu.
Patricio, en cambio, foi ao cárcere polo que roubou e por traizoar a esa xente.
|
FIN
Teo Martínez De Lorenzo
4º
Gracias, Tere. Levo todos os días mirando ao blog por se estaba publicado.......
ResponderEliminarUn Bico e bo conto 0 0
L
''''''''''
o
Quen seran eses dosus actores tan guapos da foto??????
ResponderEliminarMOY GRACIOSOS!!! Teo e Braulio :)
Carla.R
ola, son unha colega da vosa profe. Teo é incrible o ben que escribes, como mantes o ritmo da historia, e eu, que son unha lectora compulsiva, invitoche a que continues escribindo historias. Non teñas presa en rematalas, deixa voar esa incrible maxín que tes e ese xeito de encadear os sucesos. Noraboa.
ResponderEliminarBicos
Lourdes C.
eso mereceu un gran aplauso
ResponderEliminarruben
Aquí escritor!!!!!!!!!!
ResponderEliminarDouvos moitísimas grazas polos piropos. Estaba nervioso pola vosa opinión e agora sei que vos encantou.
Como dixo Lourdes, a amiga da profe, non pararei de estar no ordenador escribindo contos e lendo diario.
Se queredes, teño unha libreta con ideas para escribir e podo explicar algo sobre elas. Espero unha resposta se lle interesa a alguén.
unha apreta de letras.
Teo
Con tan só 8 anos e xa escribes así. É un orgullo, Teo, continúa, e fannos un gradioso faovr a todos :)
ResponderEliminarTeo eres un escritor excelente Alex
ResponderEliminar