Páxinas

Buscar neste blog

luns, 16 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO (CONTINUACIÓN)



Paseando polas Fragas


Fixemos o roteiro máis longo, 10 km, acompañados de Laura e Olaia que nos explicaban o que iamos vendo.

O primeiro foi baixar ao mosteiro de Caaveiro. Canto aprendemos da vida dos monxes na I. Media! O mosteiro está reconstruído e del consérvase a igrexa, a cociña, o cuarto e parte do claustro. Nos sotos do mosteiro habita unha colonia de morcegos protexidos.

Despois da visita, seguimos ata o río por un camiño empedrado. A auga tiña unha cor turquesa debido a unhas algas microscópicas que viven no Eume e danlle esa cor.

Xantamos nun merendeiro a carón dunha presa. Que fame e que ganas de descanso! Recuperadas as forzas, atravesamos por unha ponte colgante para adentrarnos na frondosidade da Fraga. Que espectáculo: unha marta, alimentándose no río; un merlo rieiro, bañándose e unha lavandeira real, pousada nunha rocha ademais dunha asombrosa vexetación, endémica nese lugar.

Ao redor das 17:00 h, chegamos ao autobús que nos levou ao albergue.  Alí houbo piscina, merenda, xogo de orientación, cea, velada e... cama!!! Festa, conversa, algo de morriña pero divertido á fin.


Ultima xornada en Alvarella


Un almorzo exquisito con zume, torradas, leite ... recuperou as nosas enerxías. Tivemos un obradoiro de enerxías renovables, visita ao horto e recollida de herbas aromáticas para facer o saquiño. Tempo libre, xantar e recoller todo no autobús con algo de tristeza por ter que marchar.

Aínda tivemos tempo para ir ao Castelo dos Andrade e gozar coa representación histórica que fixeron uns compañeiros e compañeiras de Fernando e Pedro de Andrade e a súa familia. Que risa!!!

Só restaba merendar, ao pé do autobús, para regresar a Barouta.

Esta foi unha experienciamarabillosa!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario