Páxinas

Buscar neste blog

sábado, 14 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO





FIN DE SEMANA EN ALVARELLA

A 1ª fin de semana de xuño, o grupo de 4º menos Dani e Fátima, fomos de excursión ás Fragas do Eume –parque natural- e aloxámonos nun albergue, Alvarella. Foi unha experiencia inesquecible e aprendemos a ser máis autónomos e a medrar.


Falando do albergue

Alvarella está en Vilamaior, na parroquia de Doroña, preto de Pontedeume. Un albergue de ecoturismo, é dicir, que permite vivir en contacto coa natureza pero dun xeito ecolóxico, sen invadila, sen contaminala. Alí respírase tranquilidade.

Os cuartos están aliñados, son pequenos pero acolledores. O comedor, grande, para comer produtos do horto e ensaiar responsabilidades (pór a mesa, recoller, varrer...). A palleira, reconstruída para zona de actividades. Nela fixemos xogos, a velada e os saquiños aromáticos coas herbas do horto. Ademais, conta cun campo de fútbol, un parque, unha piscina, un bosque ... todo para gozar. Para o funcionamento do albergue, usan enerxías renovables (eólica e solar).



seguiremos contando ...

2 comentarios:

  1. Maria Luisa Vázquez Souto15 de xuño de 2014, 00:26

    Que excursión máis chula! Seguro que aprendestes un montón de cousas, que poderedes poñer en practica no voso horto. Xa falta pouco para as vacacións! Que teñades un feliz verán!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Luisa, polo teu comentario. Si que poñeremos en práctica o que aprendemos porque nesta excursión descubrimos moitas cousas.
    Que teñas ti tamén un bo verán!
    Sabes, o venres probamos os chícharos e os tirabeques do noso horto. Estaban deliciosos! As nosas esponxas van moi ben.
    Bicos e apertas da clase. :) ;) :P : O :D

    ResponderEliminar