Páxinas

Buscar neste blog

sábado, 2 de maio de 2015

ULTIMAS NOVIDADES: exposición e horto

1. RECOLLEMOS A EXPOSICIÓN E DEVOLVÉMOLA AO CEIDA
                     RESULTOU BEN INTERESANTE!

Ao longo destes días fomos pasando pola exposición en diferentes momentos. Había moito que ver e que aprender. E nós tiñamos ganas.
De principio foi unha mirada global, tratando de ver en que consisitía e cales eran os grandes temas que nos propoñía. Miramos o audiovisual e aprendemos xa un montón de cousas. Pero pouco a pouco, a exposición foi medrando cos obxectos que foron traendo algunhas profes do Centro. Así, grazas á profe Marta, puidemos coñecer como funcionan os chalecos de salvamento e probalos; tamén vimos unha panela, unha boia e, por suposto, 3 agullas de peixe espada. Impresionante!




O último día, viñeron algunhas mamás a visitar a exposición. Foi moi especial compartir momentos de aprendizaxe. Creo que elas tamén quedaron contentas, alomenos así o refrexaron na súa opinión. 


O xoves, día 23, celebramos o Día do Libro lendo algún dos libros expostos relacionados co mar. Nadarín e Ícaro foron obrigados. Pero tamén había poemas de Alberti e de María Canosa, por exemplo.
Na clase, organizamos catro grupos para estudar cada un unha parte. Así un grupo fixábase  nos recursos do mar, outro nos problemas, na pesca e nas áreas mariñas protexidas. Ao final, fixemos un pequeno texto para expoñer diante da clase. Foi un traballo interesante e do que aprendemos moito, e non só do mar! Senón tamén a organizarnos, escoitarnos...

2. XA TEMOS VALLA NO HORTO!!!
O pasado martes, cando chegamos ao cole, tiñamos unha sorpresa: alguén viñera o luns pola tarde a colocar a valla arredor do horto!!! Teo deseguida nos contou como fora. 



Xacobe e "Guán", moitas grazas. Quedou estupenda pero seguro que Teo e Braulio tamén vos botaron unha man, ou non?  Ha, ha, ha!


Aula Barouta





1 comentario: