Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 30 de abril de 2015

FALANDO DE LIBROS E POESÍA

Conversando con Rivadulla Corcón
Segundo nos dixo, a Corcón encántalle a poesía e por iso nos seus libros sempre aparece algún poema. Tamén nos contou que lle gusta moito falar da súa terra, a comarca da Costa da Morte, e do mar, sempre presente nos seus relatos.
Enterámonos de que "corcón" é a cría do muxo. Cando era pequeno, alguén lle dixo que era un corcón porque era miúdo. E de grande úsao coma apelido. Fermosa historia!
Foi unha conversa arredor dos seus libros e das preguntas que lle iamos formulando. Ao remate, asinounos todos os libros. 
                                Un verdadeiro pracer!
                                                                      Ata outra!

Aula Barouta

3 comentarios:

  1. Encantoume coñecer en persoa a rivadulla corcon,e poderlle facer preguntas e que me firmase os meus libros.
    Foy un honor coñecelo.
    Unha aperta e un bico a todos.Carla C������

    ResponderEliminar
  2. A min tamen me gustou coñecer a Rivadulla .PARECEUME MOI SIMPATICO¡
    Moitos bicos.
    Nastasia

    ResponderEliminar
  3. Incríble esta experiencia de estar con el. Creo que moitas dúbidas quedaron aclaradas...

    Teo


    ResponderEliminar