Páxinas

Buscar neste blog

venres, 17 de abril de 2015

APRENDENDO DO NOSO MAR

UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS

Consta de 23 paneis a toda cor e un audiovisual. Todo está colocado no primeiro andar do colexio, entre a Biblioteca e o corredor central. Estará aberta do 17 ao 28 de abril.
Esta exposición é un empréstito do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
                 Que é unha Area Mariña Protexida?
                                                          Que beneficios aporta?
                                                                                     Reservas mariñas mundiais ...
                                     Todas estas cuestións e outras poderás responder se visitas a exposición.


Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, productos químicos, etc.). Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños.

Aula Barouta

3 comentarios:

  1. Cando estábamos na fila para ir estaba toda emocionada e cando entramos na biblioteca levemente unha sorpresa ao ver eso todo.Gustoume moto aprender sobre o noso océano espero volver a ir.Paseino moi ben . Bueno teñome que despedir.Unha un bicho e unha aperta de Carla C.�� ☺ �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� �� 4��������������������

    ResponderEliminar
  2. A min paréceme interesante a exposición, xa cando vin chegar a Marta e a Tere cos paneis xa me entusiasmei. Miña nai e meu pai probablemente veñan vela. Que nervios!

    Teo

    ResponderEliminar
  3. Gustoume a exposicion porque nunca me interesei polo noso mar.

    ResponderEliminar