Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 8 de abril de 2015

VAI DE GRAVACIÓN E DE TEATRO

CARTA  ABERTA A PATRICIA E XACOBE
(En marzo gravamos "25 xa pasaron" e fomos ao teatro a ver "Alá no fondo hai sitio", de Chévere)


Aínda que xa pasou algún tempo desde que estivemos na vosa casa, non esquecemos ese día. Para a maioría, era a primeira vez que viamos un estudo de gravación e que puidemos probar como era. Que ben nos fixo sentir! Coma verdadeiros artistas!!!

Xa no remate de trimestre, Patricia, convidounos a ver "Aló no fondo hai sitio", unha obra de teatro na que participa.

Todo iso foi unha experiencia estupenda e queremos compartir convosco o noso sentir e agradecemento. 
  • Douvos as grazas por acollernos na vosa casa e preparar todo para nós. Felicidades! Foi un pracer e unha experiencia moi interesante. (Rubén)
  • Grazas pola merenda e pola acollida. (Teo e Dani)
  • Grazas polo convite a gravar; encantoume! Era a 1ª vez! Sentinme en familia. E grazas pola larpeirada pero tamén polo teatro. (Ana)
  • Paseino moi ben gravando; grazas! (Alina)
  • A vosa amabilidade! (Andrea)
  • A experiencia de gravar foi xenial. Grazas polo teatro. (Alex)
  • Experiencias incribles: gravar, ir ao teatro... Grazas! (Nasti)
  • Grazas por preocuparvos por nós e ofrecernos a vosa casa. (Carla R)
  • Ola aos dous: grazas por convidarnos á vosa casa, polos pinchos e por podermos asisitir ao teatro. (Carla C)

 Aí vai o vídeo e algunhas fotos do día do teatro que queremos compartir. Agardamos que vos gusten tanto coma a nós.


O 26 de marzo fomos de excursión a Teo, ao teatro, ademais de celebrar o aniversario de Rubén cun biscoito riquísimo. Grazas!





Aula Barouta

2 comentarios:

  1. Sii. Foi xenial. O teatro foi moi divertido e entretido. Grazas Patricia e Xacobe por montar a nosa canción e acoñernos na vosa casa. :) :D :V :P
    Carla Redondo Porto <3

    ResponderEliminar
  2. Visitando este blogue, non podemos evitar emocionarnos, porque o noso fillo ten a fortuna de formar parte dun grupo e un colexio marabillosos e excepcionais. Algo, que nós non puidemos ter, e que sen dúbida, ten e terá moitísima importancia na súa vida.

    Moitas grazas a vós.

    P.D. A próxima vez, churrasco. ;)

    ResponderEliminar