Páxinas

Buscar neste blog

domingo, 21 de febreiro de 2016

A PRIMAVERA PETA Á PORTA

XA FALTA POUQUIÑO PARA O RENACER DA PRIMAVERA

Aproveitando o escampe temporal, volvemos ao horto!
Este ano temos moitas frontes abertas pero non podemos esquecer unha actividade que tantas horas nos levou a estar fóra e admirar como ía cambiando o aspecto do patio. Ademais, deste horto xa temos probado algúns froitos. Agardamos que siga medrando a ilusión no resto dos grupos do colexio.



 Aula Barouta

3 comentarios:

  1. Que delicia vervos de novo traballar no horto! Ver eses bancais tan ben preparados e vervos a vos con tanto xeito facendo as labores e motivo de orgullo! Oxalá este proxecto siga enganchando aos rapaces e mestres deste colexio por moito tempo. Bicos a todos.

    ResponderEliminar
  2. Levo desde que comezou o curso vendo o bloque, encántame! Estou abraiada da cantidade de actividades que facedes. Sempre escribía comentarios, pero logo ao publicar tiña problemas e no me deixaba facelo. Hoxe tiven a axuda do meu fillo, e por fin podo poñerme en contacto con vos. Unha aperta a todos os que facedes que este blogue sexa unha realidade e a Tere dun xeito moi especial!

    ResponderEliminar
  3. Luísa; moitas grazas polas túas palabras. Sempre nos animas e iso é moi importante.
    Este ano, como sabes, rematamos ciclo e este alumnado despide a Primaria e Barouta. É por iso polo que estamos a facer tantas cousas. Non nos chega o tempo a nada pero imos facendo pouco a pouco.
    Un bicazo e ánimo ti tamén co teu blogue e a túa horta, sempre imnovadora!
    Tere

    ResponderEliminar