Páxinas

Buscar neste blog

martes, 16 de febreiro de 2016

O QUE FALTABA

AÍNDA QUEDABAN UNHAS POUCAS IMAXES MÁIS ANTES DE DESPEDIR O ENTROIDO

Ao remate vai o vídeo que ilustra o ben que o pasamos.



Supoño que a estas alturas xa sabedes que a nosa actuación tiña 4 partes diferentes; cada unha cun tipo de música que nos identifica e une por diversas razóns. Queen, pola súa forza; Ana Torroja, coa súa "Sonrisa" e que tanto cantamos o curso pasado; logo van dúas pezas de autoría propia; unha a ritmo de rap, que compuxeron Anxo e Andrea e, a derradeira, trátase dunha composición de Gaila e familia coa música de Alaska. Este ano puidemos facer a gravación antes da festa e así non tivemos problemas para que se oíse no pavillón do colexio. Imos aprendendo! Grazas, Xacobe pola túa paciencia e dedicación á hora de gravación.
Aí vai en vídeo! Que vos guste! Nós pasámolo moi ben ensaiando e creando.




Pero a historia ten unha sorpresa final!!! Menudo ambiente!!!



Aula Barouta

1 comentario:

  1. Saltanseme as bagoas ao velo... ese día encantoume, foi moi especial !!!

    ResponderEliminar