Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 23 de febreiro de 2017

TEMPO DE ENTROIDO

XA CHEGOU O ENTROIDO A BAROUTA!

Este ano tamén temos o noso meco, igual ca en anos anteriores. O pobre anda un pouco fraquiño, será que lle faltan as filloas e orellas? Ao mellor é iso!
Pero que non se preocupe, que o venres día 24, teremos de todo!
De momento, nós imos facendo os mandadiños que nos vai deixando:
  • o luns, algo de indios
  • o martes, ollos de chinés
  • o mércores, un pano bérber
  • o xoves, un bigote mexicano
  • e... o venres, Festa total!
No cole xa vai habendo ambiente de festa. Mamás, papás, avoas... ide preparando o filloeiro...

Aí van unhas imaxes do ambiente destes días.
Xa sabemos pór o pano coma os "homes libres do deserto".

Aula Barouta

1 comentario:

  1. Vexo que este ano cambiou a cousa... (jajaja) Estades guapísim@s na foto, nótase que hai espírito de Entroido . Un saúdo e unha aperta.
    Rebeca :D

    ResponderEliminar