Páxinas

Buscar neste blog

domingo, 5 de febreiro de 2017

ÚLTIMAS NOVAS

UN OBRADOIRO DE COCIÑA EN INGLÉS 
E OUTRO NO HORTO


Hai uns días, na clase de inglés, organizamos un pequeno obradoiro de cociña. Tratábase de pór en práctica todo o vocabulario que viñamos aprendendo. A profe Elena trouxo as cousas e nós puxemos o interese e o traballo. Foi estupendo e o batido estaba xenial. Aí vai a mostra fotográfica. 




VOLTA AO HORTO ANTES DO TEMPORAL
O mércores día 1, volvemos ao horto, nun descansiño que nos deixou o tempo. Xa era hora de que puxeramos os chícharos, as cebolas, as acelgas, amorodos ...  a ver se estas chuvias que anuncian non afogan as sementes!!!

Aula Barouta

2 comentarios:

  1. O batido quedou moi rico, e a visita ao horto foi bastante divertida.

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, Miguel. Eu creo que a "teacher" nos ten que propor máis obradoiros coma este ou non?
    E respecto do horto, seguro que virán días mellores, sen chuvia, nos que poidamos gozar da natureza.

    ResponderEliminar