Páxinas

Buscar neste blog

domingo, 11 de xuño de 2017

PABLO GARALOCES EN BAROUTA

SABEDES QUE É UN DRONE? CANTOS TIPOS DIFERENTES HAI? COMO E ONDE SE PODEN VOAR? QUE BENEFICIOS NOS APORTAN?... ESTAS E OUTRAS MOITAS PREGUNTAS CONTESTOUNAS PABLO NO NOSO COLEXIO.
Resulta que o pasado xoves día 8, tivemos unha clase ben especial. Pablo é o papá de Martina, a nosa compañeira, e ten unha produtora audiovisual; pero o mellor de todo é que sabe un montón de drons. Trouxo tres ao colexio e fíxonos unha demostración no patio que quedamos pampos. Ademais fíxonos un vídeo e un montón de fotos que nos van quedar para o recordo. Aquí vai unha mostra.



E agora unha das imaxes que nos fixo Pablo a todo o Centro... a que quedou fantástica?


Aula Barouta

2 comentarios:

  1. WOW! A foto desde o aire está xenial, gústame moito <3 Prece unha actividade moi interesante.:P

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que foi moi interesante, Carla, e aprendemos un montón de cousas. Tamén fixo un vídeo que supoño que poderemos ver aquí ou poñerei o enlace para velo.

      Eliminar