O ALUMNADO DE 5º E 6º DE BAROUTA VISITAMOS LOURIZÁN, A ESCOLA DE ENXEÑARÍA FORESTAL EN PONTEVEDRA E A LAGOA CASTIÑEIRAS
Pois si que foi unha saída produtiva e ben aproveitada. Tiñamos previsto o de Lourizán e o de Cotorredondo pero o de visitar unha escola da Universidade de Vigo... foi unha sorpresa. É algo que lle temos que agradecer a Juan Picos, profesor nesta escola e pai do noso compañeiro Miguel.
Que sorte poder contar coa súa guía, que importantes nos sentimos. E logo ademais díxonos dun lugar ben bonito para xantar: a "Illa das esculturas", ao pé do río Lerez.
Amosando un batelumes, nun dos laboratorios da universidade. |
Ao final,agasallounos cunha caixa niño para o cole. Para o ano que vén colocarémola no noso patio. |
Unha das mámoas que hai en Cotorredondo. |
Aula Barouta
Eu tamén paseino moi ben! moitas grazas pola visita!
ResponderEliminarFoi un pracer, compartir un anaco da túa experiencia. Grazas, outra vez.
Eliminar