Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 21 de xuño de 2017

UNHA SAÍDA MOI FORESTAL

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE BAROUTA VISITAMOS LOURIZÁN, A ESCOLA DE ENXEÑARÍA FORESTAL EN PONTEVEDRA E A LAGOA CASTIÑEIRAS

Pois si que foi unha saída produtiva e ben aproveitada. Tiñamos previsto o de Lourizán e o de Cotorredondo pero o de visitar unha escola da Universidade de Vigo... foi unha sorpresa. É algo que lle temos que agradecer a Juan Picos, profesor nesta escola e pai do noso compañeiro Miguel.
Que sorte poder contar coa súa guía, que importantes nos sentimos. E logo ademais díxonos dun lugar ben bonito para xantar: a "Illa das esculturas", ao pé do río Lerez.
Aí van unhas imaxes pero xa poremos máis. Graciñas Juan, pola túa dedicación.


Pazo de Lourizán

Amosando un batelumes, nun dos laboratorios da universidade.


Ao final,agasallounos cunha caixa niño para o cole. Para o ano que vén colocarémola no noso patio.

Unha das mámoas que hai en Cotorredondo.
E, por hoxe nada máis. Temos máis fotos pero estamos a preparar un álbum con imaxes das últimas saídas do trimestre. Xa veredes que mogollón!
Aula Barouta


2 comentarios:

  1. Eu tamén paseino moi ben! moitas grazas pola visita!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Foi un pracer, compartir un anaco da túa experiencia. Grazas, outra vez.

      Eliminar