Páxinas

Buscar neste blog

luns, 27 de maio de 2013


UNHA SORPRESA BEN GRANDE NOS AGARDABA HOXE NA ESCOLA:

NACEU MATEO, O NOSO PRIMEIRO PITIÑO

QUE EMOCIÓN! QUE ALEGRÍA! QUE BONITO! QUE GRANDE! ... 
                                                                FORON ALGUNHAS DAS PRIMEIRAS IMPRESIÓNS.

Hoxe para nós é un día especial e cheo de emoción. Cando chegamos á aula, tiñamos un pitiño na incubadora. Estaba encollidiño no medio dos outros ovos. Observámolo un bo anaco e enchémonos de alegría. Viñeron os das outras aulas para velo. Que éxito!
Mentres Emilia, a nosa conserxe, foi na busca de alimento, nós preparamos unha caixa de cartón con papel xornal e puxémola á beira do radiador para que teña calor.
Cando o sacamos tremía: terá medo? terá fame? terá frío? terá sede? Colocámolo na casiña e xa come pero non deixa de piar. Fáltanlle os amigos. Mañá máis sorpresas pois hai outros ovos que xa están escachando.
Somos coma as parteiras e parteiros que axudan a nacer!
Sacamos un montón de fotos que iremos pondo. 
Aquí vai unha mostra.
Chao, chao!

Así o atopamos pola maña. A que mola!

























Con moito coidado,quitámolo da incubadora para levalo ao novo fogar.
Xa está na nova casiña. Ten auga, comida e caloriña. A medrar!

16 comentarios:

  1. Teo Martínez De Lorenzo19:13 do 27 de maio de 2013

    Mateo naceu, o mellor poliño!!!!!!!!!!!!!!!!! Somos os seus pais. Miña familia esta ilusionada

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Teo e quen é a nai?
      O mellor poliño non e Mateo.

      Eliminar
    2. Teo Martínez de Lorenzo20:55 do 27 de maio de 2013

      Perdón, e mamás. Coa ilusiónnnn....... Bueno, é o único que temos

      Eliminar
  2. Teo Martínez De Lorenzo19:16 do 27 de maio de 2013

    Encantoume o seu nacemento. A ver se mañan sae algún máis

    ResponderEliminar
  3. Maela Antelo (avoa de Teo)19:23 do 27 de maio de 2013

    Encántame esta experiencia que levades a cabo en Barouta. Qué estupenda profesora que sabe ilusionar aos seus alumnos!
    E unha maneira tan sinxela de ver o que ocurre cada día na natureza. Esto non o esquecen. Noraboa terceiro A.!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Teo Martínez De Lorenzo20:59 do 27 de maio de 2013

      Si, así me gusta. Dando enerxía!!!!!!!!!!

      Eliminar
  4. Mateo e precioso !!!!!!!!!!!!!!!!! E o mellor regalo que alguen pode ter
    E grazas avoa de Teo

    ResponderEliminar
  5. Ana Jurado ( madriña de Ana Beiroa20:47 do 27 de maio de 2013

    Estou encantada con este blog
    Pareceme unha experiencia moi bonita e instructiva

    ResponderEliminar
  6. Hai moitos poliños por nacer e mañá faranlle compañia a Mateo.
    Mañá terá moita caloriña !!!!!!!!!!!!!!!!!! .

    ResponderEliminar
  7. Mañan van nacer mais pitiños, e eu propoño un nome: si è pita, andrea, e se pitiño, anxo. Gostariame que nacesen todos!!!!!!!! Son Alina!

    ResponderEliminar
  8. Pedro (papà de Alina)21:54 do 27 de maio de 2013

    Parabens a Tere e a toda a aula de terceiro !!!! Isto si que é educación!! Imaxinación ao poder! Moito ánimo que queremos ver pronto a todas esas crias sair do cascarón

    ResponderEliminar
  9. Conchita (Nai de Anxo)09:30 do 28 de maio de 2013

    Moitas felicidades a todos polo nacemento de Mateo, espero que hoxe teñamos boas novas. Moitos bicos para todos y moitas parabéns por esta iniciativa a Tere. A ver cantos nacen hoxe!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. OLAAAAAAAAAAAAA! SON TERE E ESTOU ENCANTADA DE LER COUSAS TAN LINDAS DE TODAS E TODOS VÓS. GRAZAS POR ESTARDES AÍ: MAMÁS, PAPÁS, MADRIÑAS, AVOAS ... CANTO BO É O QUE COMPARTIMOS. A CLASE DE TERCEIRO EN BAROUTA ESTÁ REVOLUCIONADA ESTES DÍAS PERO É UN PRACER.
      APRETAS A TODAS E TODOS. SEGUIDE AÍ!
      TERE

      Eliminar
  10. Cando poderemos ver as fotos do faisán?

    Propoño un nome para el: Aldán o faisán.

    Parabéns a todas e todos.

    Patricia (nai de Teo)

    ResponderEliminar