UNHA SORPRESA BEN GRANDE NOS AGARDABA HOXE NA ESCOLA:
NACEU MATEO, O NOSO PRIMEIRO PITIÑO
QUE EMOCIÓN! QUE ALEGRÍA! QUE BONITO! QUE GRANDE! ...FORON ALGUNHAS DAS PRIMEIRAS IMPRESIÓNS.
Hoxe para nós é un día especial e cheo de emoción. Cando chegamos á aula, tiñamos un pitiño na incubadora. Estaba encollidiño no medio dos outros ovos. Observámolo un bo anaco e enchémonos de alegría. Viñeron os das outras aulas para velo. Que éxito!
Mentres Emilia, a nosa conserxe, foi na busca de alimento, nós preparamos unha caixa de cartón con papel xornal e puxémola á beira do radiador para que teña calor.
Cando o sacamos tremía: terá medo? terá fame? terá frío? terá sede? Colocámolo na casiña e xa come pero non deixa de piar. Fáltanlle os amigos. Mañá máis sorpresas pois hai outros ovos que xa están escachando.
Somos coma as parteiras e parteiros que axudan a nacer!
Sacamos un montón de fotos que iremos pondo.
Aquí vai unha mostra.
Chao, chao!
Con moito coidado,quitámolo da incubadora para levalo ao novo fogar. |
Xa está na nova casiña. Ten auga, comida e caloriña. A medrar! |
Mateo naceu, o mellor poliño!!!!!!!!!!!!!!!!! Somos os seus pais. Miña familia esta ilusionada
ResponderEliminarTeo e quen é a nai?
EliminarO mellor poliño non e Mateo.
Perdón, e mamás. Coa ilusiónnnn....... Bueno, é o único que temos
EliminarEncantoume o seu nacemento. A ver se mañan sae algún máis
ResponderEliminarEncántame esta experiencia que levades a cabo en Barouta. Qué estupenda profesora que sabe ilusionar aos seus alumnos!
ResponderEliminarE unha maneira tan sinxela de ver o que ocurre cada día na natureza. Esto non o esquecen. Noraboa terceiro A.!!!
Grazas¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
EliminarSi, así me gusta. Dando enerxía!!!!!!!!!!
EliminarMateo e precioso !!!!!!!!!!!!!!!!! E o mellor regalo que alguen pode ter
ResponderEliminarE grazas avoa de Teo
Estou encantada con este blog
ResponderEliminarPareceme unha experiencia moi bonita e instructiva
Hai moitos poliños por nacer e mañá faranlle compañia a Mateo.
ResponderEliminarMañá terá moita caloriña !!!!!!!!!!!!!!!!!! .
Mañan van nacer mais pitiños, e eu propoño un nome: si è pita, andrea, e se pitiño, anxo. Gostariame que nacesen todos!!!!!!!! Son Alina!
ResponderEliminarParabens a Tere e a toda a aula de terceiro !!!! Isto si que é educación!! Imaxinación ao poder! Moito ánimo que queremos ver pronto a todas esas crias sair do cascarón
ResponderEliminarGrazas Peddro¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
EliminarMoitas felicidades a todos polo nacemento de Mateo, espero que hoxe teñamos boas novas. Moitos bicos para todos y moitas parabéns por esta iniciativa a Tere. A ver cantos nacen hoxe!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarOLAAAAAAAAAAAAA! SON TERE E ESTOU ENCANTADA DE LER COUSAS TAN LINDAS DE TODAS E TODOS VÓS. GRAZAS POR ESTARDES AÍ: MAMÁS, PAPÁS, MADRIÑAS, AVOAS ... CANTO BO É O QUE COMPARTIMOS. A CLASE DE TERCEIRO EN BAROUTA ESTÁ REVOLUCIONADA ESTES DÍAS PERO É UN PRACER.
EliminarAPRETAS A TODAS E TODOS. SEGUIDE AÍ!
TERE
Cando poderemos ver as fotos do faisán?
ResponderEliminarPropoño un nome para el: Aldán o faisán.
Parabéns a todas e todos.
Patricia (nai de Teo)