Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 23 de maio de 2013

 UNHA VIAXE MOI ILUSTRADA

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON PABLO OTERO

O pasado martes, 14 de maio, fomos de excursión a Santiago a un obradoiro de ilustración na galería Sargadelos. Saímos ás 10:30 do colexio no autobús que nos deixou diante do instituto Rosalía de Castro. Desde alí fomos andando pola Porta Faxeira ata a Praza do Toural onde nos paramos para contemplar a figura de Atlas no Pazo de Bendaña. Xusto alí tropezamos coa rapazada dos IES que participaban no Correlingua. Vaia, un montón de xente que case tivemos medo de nos perder.
Xa en  Sargadelos, recibiunos Pablo Otero, un ilustrador que traballa con Kalandraka e que nos ensinou as súas artes de ilustración. Unha das cousas que nos amosou foi a debuxar coma en capas que se comunican: mediante unha porta que se abre, unha escaleira que baixa ao soto, ou ben un ascensor que nos leva ao máis alto, un tobogán que nos desliza a toda potencia ... Tamén nos ensinou a debuxar coma se foramos paxaros que miran desde arriba, poñendo unha liña que logo se pode converter en algo e outros xeitos diferentes.
Logo propúxonos que fixeramos un debuxo calquera en cartolinas de cores coa finalidade de construir un mural enorme, disparatado seguramente, con todos os debuxos de todos os nenos e nenas que veñan a este obradoiro. Pareceunos unha idea xenial. Deixámoslle un correo electrónico para que nos envie a foto cando estea montado o mosaico. Xa a poñeremos aquí para que poidades gozar coma nós.
Foi moi interesante este obradoiro. Grazas, Pablo, por estar con nós!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Á saída, fomos ao parque da Ferradura e xogamos un montón.
Ata outro día!!! Vémonos.
O grupo de terceiro.
Canta emoción! colaborar no mural xigante!!!!!!!!!!!!!

Pablo, comezou por un cadrado e rematou ... que ves?

Practicando o debuxo transparente, por capas. Que artistas!!!!!!!


4 comentarios:

  1. Teo Martínez De Lorenzo24 de maio de 2013, 15:14

    Unha viaxe ilustrada, si señor. Quérote, Pablo Otero!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola; son Alex, a viaxe foi moi divertida,o que máis me gustou foi poder debuxar,é paseino moi moi ben,estou dexexando volta a outra viaxe asi.. ata logo!!!!

    ResponderEliminar
  3. qe ben nos saliron os debuxos carla c.

    ResponderEliminar