Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 6 de xuño de 2013

PLANTACIÓN NO HORTO ESCOLAR DE BAROUTA



Este ano por primeira vez temos un horto no colexio, no xardín da fachada principal. Xa tiñamos unha zona con plantas aromáticas (menta, malva, lavanda...) pero agora aumentamos un cacho grande.

Primeiro houbo que traballar a terra, pero iso non o fixemos nós. Viñeron os do obradoiro do invernadoiro e deixárona moi ben. Logo dividimos o anaco en tallóns (cachos de terra separados por regos) para ir colocando, en cada un, un tipo de plantas (leituga, cabazas, fabas, cenorias, xudías...).

Aló no comezo da primavera, sementamos en macetas moito tipo de sementes: cogombro, cabaza, cabaciño, perixel, leituga, cenoria, salvia e faba. Naceron un montón e agora ímolas trasplantar ao horto con moito coidado. Cada aula irá plantando onde lle corresponda. Nós saímos hoxe e puxemos orego, romeo e outras moitas.

Aí quedas, ceboliño! Medra moito!
Que abrigo o do rododendro!

3 comentarios:

  1. Pois xa que o rododentro da tanta somra porque non lle chamamos sombrilla
    jajajajaajajajajajajajajajajajajaaja

    ResponderEliminar
  2. E porque non lle chamamos árbore protectora?

    ResponderEliminar
  3. profe si o rodrodendro era a nosa sombrilla tanto calor iba¡¡¡¡¡¡¡¡ son carla c. :P CHAO BICOS JAJAJJAJAJAJJ VALLa ARBORE PROTECTORA E TAMEN UNHA BOA SMBRILLA JAJJJAJAJAJa

    ResponderEliminar